• R/Alfonso XII, nº 2 - 36800 - Redondela
  • 986 400 300
  • info@redondela.gal

(dirixido a cidadáns empadroados)
Axúdanos a elixir o vindeiro "Espazo libre de fume" do noso concello

Redondela camiña cara a un futuro máis saudable: Con motivo do Día Mundial sen Tabaco, a veciñanza decidirá a través desta votación popular que zona aberta será declarada libre de malos fumes. ¡A túa opinión conta!

Dirixido a:
Todos os cidadáns

A semana que vén, o Concello de Redondela pon en marcha a súa I Semana sen Fume, unha iniciativa xurdida do grupo de traballo en saúde infanto-xuvenil da Mesa Local de Saúde. O obxectivo é concienciar sobre os riscos do tabaquismo e promover hábitos de vida saudables entre toda a poboación.

A primeira gran actividade desta programación será esta votación popular en colaboración coa Asociación Española Contra o Cancro (AECC). Serás ti, xunto co resto dos veciños e veciñas, quen decida que espazo público do concello se declarará "Libre de Fume".

As opcións que hoxe poñemos a votación foron propostas e seleccionadas polo propio alumnado dos centros de educación secundaria de Redondela. Os mozos e mozas participaron nun concurso de carteis e vídeos curtos onde argumentaron os motivos polos que consideraban que eses lugares debían protexerse do fume do tabaco.

Agora o testemuño está nas túas mans. Vota pola túa proposta favorita e axúdanos a coidar da saúde de Redondela!


Contacto

regaps.Vigo@sergas.es
986400300