Noticias
Alberto Álvarez, novo concelleiro de Medio Ambiente e Participación Cidadá
Alberto Álvarez e a alcaldesa Digna Rivas
No pleno da corporación do Concello de Redondela tomou posesión da súa acta de concelleiro Alberto Álvarez Pérez polo grupo municipal socialista. Álvarez substitúe no goberno local a Pilar Martínez, que renunciou ao cargo por motivos de saúde. O novo edil, que xa formara parte da anterior corporación, levará as áreas de Medio Ambiente, Sanidade, Transición Enerxética, Participación Cidadá e Parroquias.
A súa incorporación supón algunhas modificacións na delegación de competencias do resto de membros do goberno local. Antonio Cabaleiro encargarase das concellerías de Emprego, Transparencia e Novas Tecnoloxías, Mercados, Urbanismo e Patrimonio. Rita Pérez Táboas asume as concellerías de Economía e Facenda, Persoal, Interior e Seguridade, Cultura e Turismo. A edil Iria Vilaboa segue á fronte de Servizos Sociais, Igualdade, Servizos Sociocomunitarios e incorpora Maiores e Infancia. Iván Valles mantén as mesmas concellerías de Deportes, Xuventude, Ensino e Conservatorio. O edil Pedro Villaverde levarás as áreas de Parques e Xardíns, Benestar comunitario e Feiras. Roberto Villar mantén sen cambios as concellerías de Infraestruturas e Sostibilidade (Vías e obras, alumeado público, abastecemento de auga e saneamento).
A alcaldesa, Digna Rivas, e o resto de compañeiros e compañeiras deron a benvida a Álvarez que xa formara parte do anterior goberno local. Rivas cualificouno como unha persoa «traballadora e comprometida coa tarefa de mellorar a calidade de vida dos seus veciños e veciñas».