• R/Alfonso XII, nº 2 - 36800 - Redondela
  • 986 400 300
  • info@redondela.gal

Noticias

Redondela inmortaliza os seus símbolos na alfombra-mural colectiva de Padre Sarmiento

Imagen

Alfombristas, mocidade e voluntarios de todas as idades están a participar na elaboración dun gran mural na superficie da rúa peonil Padre Sarmiento. O Concello de Redondela puxo en marcha esta iniciativa para dar unha nova vida a esta rúa e render homenaxe ás tradicións do municipio. Os viadutos, as alfombras florais, a Coca e os xigantes son algúns dos protagonistas desta creación, que foi encargada á artista local Paula Amoedo.
A alcaldesa Digna Rivas e a concelleira Iria Vilaboa comprobaron esta tarde a evolución dos traballos desta alfombra-mural “de gran a creatividade e beleza”. Tanto Rivas como Vilaboa destacaron que se trata dun traballo no que participan moitas persoas, “son voluntarios e voluntarias de todas as idades que se sumaron a esta iniciativa para crear unha obra colectiva e interxeracional”.
A intervención artística está a realizarse nesta céntrica rúa peonil que conta cunha lonxitude duns 50 metros. Esta actuación vai na liña doutras políticas postas en marcha desde o goberno local para unha mobilidade sostible. O obxectivo é recuperar espazos públicos para a cidadanía e crear unha vila máis amable para os peóns dándolles prioridade nos lugares onde é posible.